Etiqueta: branquia fest

Montamos posto o 27 e 28 no BRANQUIA FEST

O 27 e 28 de abril estaremos na “casa do peixe”, CSA do Sar, co posto de venda no BRANQUIA FEST.

Difundimos a info do festival.

Evento: https://www.facebook.com/events/176710263129502/

BRANQUIA FEST

A xente máis guapa de Compostela temos o pracer de anunciarvos o evento do ano. Un festival autoxestionado e 100% DIY.

*BRANQUIA FEST · O Festival dos Peixes.*

VENRES 27 E SÁBADO 28 DE ABRIL DE 2018 no CSA do SAR.
De balde. Pasarase bote para apoiar ás bandas – pídese solidariedade. Haberá Comedor Vegano o Sábado, e Ceador os dous días durante os concertos. Encontro de Distris. Prezos populares. Prégase fumar fora. Puntualidade.

Non se tolerarán discursos ou actitudes machistas, homófobas, xenófobas, capacitistas, especistas, etc. Coidémonos entre nós. ♥

VENRES.
Drei Affen | Screamo reventatímpanos dende Torrelavega.
https://dreiaffen.bandcamp.com/

Marmol | Pop para punks dende Bilbao.
https://marmolbilbao.bandcamp.com/album/nuevo-sol

pura vida. | Emo afrancesado dende Santander.
https://pura-vida.bandcamp.com/

Liquen | Post-Metal espiritual dende Compostela.
https://postliquen.bandcamp.com/album/liquen-ep

SÁBADO.
Hongo | Sludge crustie mitiquiño dende A Coruña.
https://fungivoro.bandcamp.com/

Fuerzas Libres del Interior | Emo cumbiero dende Valladolid.
https://fuerzaslibresdelinterior.bandcamp.com/

Tenue | Emocrust violento dende A Guarda.
http://tenuepunx.bandcamp.com/

INMATES | Doom ritual dende Compostela.
https://inmatesdc.bandcamp.com/

Sans Soleil | Post-Rock finofino dende Vigo.