Presentámosvos o cartaz completo da III Sesión do SELG
Arrincamos ás 12’00 cunha mesa redonda sobre os límites do movimentismo. Nela, varias activistas veciñais e de movementos en defensa da terra achegarannos os seus relatos (e as súas frustracións) nas loitas sociais dos últimos anos
14’30 xantar vegano. Desta volta, ímosvos pedir unha achega de 5 euriños para axudarnos a financiar as actividades. Por suposto, a achega non é un requisito para as que non poidamos facela
16’00 imos cunha palestra sobre sindicalismo de barrio, impartida por compañeiras anarquistas do movemento pola vivenda de Barcelona
17’30 as compañeiras de Liza (Plataforma Anarquista de Madrid) falarannos da estratexia do poder popular e do especifismo como modelo de intervención social dende o anarquismo
19’00 xeraremos unha dinámica de traballo entre todas as asistentes na que trataremos de aterrar no contexto galego os distintos modelos de acción social libertaria
Pecharemos ás 21’00 co concerto de Improvisóns