Publicaçom feita a tralo primeiro ciclo de seminários do SELG adicados à temática “Anarquismo e organización”. Nela recompilam-se os textos aportados polas distintas vozes que participarom e algumhas colaboraçons externas.
PVP: 12€
Índice:
Editorial
Orixes e definición do Anarquismo
- Anarquismo, unha definición. Dani Palleiro (SELG)
O anarquismo na Galiza
- Anarquismo e organización no movemento obreiro galego. Eliseo Fernández
- As mulleres no movemento obreiro da Coruña. Ana Romero Masiá e Eva Loureiro
- Unha ollada ó pasado recente de coordinación libertaria en Galiza. Brais Cebrián Gorozarri
- Suprema lei d’Estetica. Helena Salgueiro (SELG)
Qué facer? Anarquismo e estratexia
- Propostas para o avance do anarcosindicalismo actual Jose Luis Carretero (Solidariedade Obreira)
- Repensar a relación entre o traballo e a emerxencia climática alén dos “traballos verdes”. Luis Gonzalez Reyes
- Dinámica de debate ‘Organizando a Resistencia II: Sindicalismo Social e Libertario’ . Inés Merayo Fernández(SELG)
- Anarcosindicalismo e movementos sociais. Miguel G. Gómez (Embat)
- Poder popular e anarquismo especifista. Ideas para crear a revolución próxima. Miguel Brea (Liza)
- Anarquismo de barrio. Unha tese superadora. Ruymán Rodríguez
Editorial do livro:
As ideas socialistas libertarias tiveron na Galiza un fértil campo de expansión dende que no último terzo do século XIX chegaran ao país algúns delegados da vertente bakuninista da I Internacional. A corrente antiautoritaria do socialismo internacionalista prendeu ben nun pobo que á altura atopábase nun proceso de proletarización, e nun país onde os principios da autoxestión, o apoio mutuo e o colectivismo tiñan unha fonda raigame.
Dende entón, e por sete décadas, o anarquismo organizado disputouse co marxismo a hexemonía dun movemento obreiro galego en continua expansión. Un tirapuxa que só se decantou do lado do socialismo autoritario a partir dos anos 50 do século XX. A puxanza das anarquistas galegas tivo causa e efecto no desenvolvemento dunha vizosa rede de organizacións e institucións autónomas nos eidos sindical e social, económico e cultural, que xerou unha verdadeira esfera pública libertaria e socializou a enormes capas da poboación nos principios e nas prácticas anarquistas. Un proceso de acumulación de poder popular que tan só puido ser revertido por medio do xenocidio emprendido polo exército español en xuño de 1936.
Pese á rutura deste fío histórico, hoxe son moitas as persoas, e algunhas as organizacións, que no país se identifícan coa tradición e os principios do socialismo libertario. Porén, faltan os espazos de encontro e reflexión colectiva acerca desta tradición, dos seus obxectivos e estratexias, das súas ferramentas de loita e da súa vixencia e aplicabilidade ao momento presente.
É diante desta carencia que o colectivo Refuxios da Memoria e as editoriais Ardora e Bastiana lanzamos a comezos deste ano a iniciativa do Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG), un proxecto de autoformación colectiva co que analizar as ideas e os principios anarquistas, as historias de loita e as estratexias pasadas e presentes dun movemento libertario en continua trans-formación. E quixémolo facer co foco posto na Galiza.
O tema que vertebrou esta primeira edición do SELG (2024) foi “Anarquismo e organización”, o cal desenvolvimos ao longo de catro sesións. A primeira delas, celebrada o 24 de febreiro, tratou de establecer os conceptos básicos do Socialismo Libertario, así como a evolución destas ideas no país. Contamos para iso coa participación das historiadoras Dolors Marín e Eliseo Fernández. Completamos a sesión cunha mesa redonda na que as militantes anarquistas Eva Loureiro, Carla Abelha, Airis McKirdy e Paco Ascón analizaron a Galiza actual dende unha perspectiva libertaria.
O 6 de abril tivo lugar a segunda sesión, centrada no anarcosindicalismo. Par-timos para isto da historia das mulleres no movemento obreiro coruñés, para que contamos coas historiadoras Ana Romero e Eva Loureiro. Abordamos tamén a cuestión do ecosindicalismo con Begoña de Bernardo e Luis G. Reyes, e fixemos unha análise do estado actual do anarcosindicalismo na Península Ibé-rica da man de Jose Luís Carretero. Para pechar esta segunda sesión, e enlazar coa seguinte, o secretario xeral da CNT catalá, Miguel G. Gómez, analizou as relacións de colaboración entre o anarcosindicalismo e os movementos sociais en termos históricos e contemporáneo
A terceira sesión centrouse nos modelos e experiencias organizativas do sin-
dicalismo social libertario na Península Ibérica. Partindo da hipótese de que os movementos sociais carentes dunha cohesión teórica e un horizonte revolucio-nario rematan por esgotarse na impotencia, ou abocándose a vías asistencia-listas ou reformistas, cando non autoritarias, plantexamos un debate sobre o activismo social e os seus límites. Neste debate, que patiu da experiencia prácti-ca de mulleres dos movementos sociais galegos, participaron as activistas polo dereito á vivenda, María Díaz, dos Grupos de Apoio Mutuo, Antía Roig, e das plataformas en defensa da terra, Coral. Contamos tamén con Itziar e Paula, do movemento pola vivenda de Barcelona, que nos falaron da autoorganización veciñal nos sindicatos de barrio. Analizamos tamén, xunto ás compañeiras de Liza, o dualismo organizativo e a estratexia do poder popular como modelo para a acción social anarquista. Pechamos a sesión cunha dinámica na que tra-tamos de dar resposta colectiva á pregunta ¿Qué facer dende o ámbito libertario galego?
A derradeira sesión desta primeira edición do SELG celebrámola o 20 de xullo baixo o título “Sementes de emancipación: Galiza, territorio, movimentos” e contamos con Antom Santos que fixo un repaso das prácticas comunitarias na Galiza de onte e de hoxe. Logo pola tarde rematamos conversando sobre que o presente e futuro do anarquismo galego na dinámica: coñecermos o territorio, pensar a Galiza libertaria.
Tódas as sesións desta primeira edición do SELG foron celebradas no CS A Revolteira, no barrio da Falperra, na Coruña. Pero o noso é un proxecto de país e unha proposta de autoformación descentralizada. É por iso que fixemos un chamado a tódalas anarquistas do país e persoas con interese nas ideas liberta-rias para atoparnos e pensarmos xuntas cómo agromar un movemento liberta-rio forte, aberto e plural, pero tamén con capacidade de artellar unha resposta colectiva ao sistema capitalista. Así dende o comezo deste proceso convidamos a tódalas militantes anarquistas do país a crear Grupos de Autoformación Li-bertaria (GAL) nas súas vilas. O obxectivo destes grupos é desenvolver liñas de debate e reflexións propias e aterradas no eido local a partir dos materiais producidos nas distintas sesións do SELG. Para facilitar o xurdimento destes grupos ao longo do país, os contidos de todas as palestras e mesas redondas foron recollidos en relatorios que, xunto con algunhas lecturas propostas polas poñentes das palestras e polo grupo de coordinación do SELG, foron pendura-das no sitio web www.selg.gal. Alí figuran tamén algúns recursos metodolóxi-cos para facilitar a posta en marcha de novos grupos de autoformación, que se sumen aos xa activos en Compostela, Ourense, A Coruña, Pontevedra e Terra de Montes.
Neste primeiro número da publicación do SELG, que presentamos na III Feira do Libro Anarquista da Coruña, recollemos algúns artigos elaborados a partir das poñencias desta primeira edición da SELG, acompañadas doutros artigos de reflexións e debate emanados dos grupos de autoformación libertaria e outras colaboracións.