Etiqueta: refuxios da memoria

Destruiçom e resistência. O território em disputa

🌍🔥 Este sábado 21 de fevereiro vemo-nos em Lugo para falar do que importa: o território, a Galiza rural e as loitas que a mantenhem viva.

Num momento no que a terra está em disputa, juntamo-nos para reflexionar, compartir e fortalezer resistências ✊🌱 Desde a história da Galiza rural até a cartografia atual das loitas labregas, será umha jornada para pensar coletivamente e defender o que é nosso.

🕧 12:30h – Umha história pequena da Galiza rural
🍲 15:00h – Jantar compartido
🗺 16:30h – Defender a terra: cartografia da resistencia

📍 CS A Hedreira (Lugo)

Vemo-nos alí! Trae ganas de escuitar, debater e construír ✨

Alén dos marcos. Unha ollada anarquista do pais.

📚✨ 3ª ediçom do SELG

Ano novo significa SELG novo. Nesta ocasiom, traemos:

👀Alem dos Marcos

Umha olhada anarquista do país, em quatro paradas:

⚫Destruçom e resistência — Lugo (21 de fevereiro)

🔴Capital e trabalho — Alhariz (28 de março)

⚫A crise das classes meias e o sistema de partidos — Compostela (9 de maio)

🔴Cultura e fronteira — A Corunha (13 de xunho)

📖💬 Umha nova oportunidade para reflexionar, debater e aprender juntas, desde a Galiza, para a Galiza.

Anarcofeminismos

Publicaçom do segundo ciclo de seminários do SELG adicados à  “Anarcofeminismos” e centrados na realidade galega. Nela recompilam-se os textos aportados polas distintas vozes que participarom e algumhas colaboraçons externas.

PVP: 12€

Índice

Editorial

Anarcofeminismo: cuestións básicas

-Os comezos do anarcofeminismo. Virginia Cattolica

-Construíndo o feminismo especifista: unha aproximación ás teorías feministas e ao debate sobre a relación entre as opresións. Liza

A Galiza en femenino libertario

-Loitadoras e represaliadas: as mulleres no movemento libertario na Galiza (1931-1940). Dionisio Pereira

-Vivindo o meu anarcofeminismo. Amaló D. Gantes

-Por unha política afectiva desobediente e autónoma. Lu

Tecendo marxes: Explorando a fronteira das disidencias

-Insurxencias silenciadas. SELG

Aprendizaxes do anarcofeminismo para o activismo

-Desbordar a culpa, sosterse no común. Inés Merayo Fernández

-Masculinidades pacíficas para unha reformulación do socialismo libertario. Un integrante do SELG

Editorial do libro

O que hoxe tes entre as mans non só é un obxecto, unha publicación, unha aliaxe de pensamentos, unha amálgama de notas. É unha declaración de intencións e un manifesto. Un suxeito de seu, con axencia e vida propia. Nace cunha intencionalidade política moi clara. Esta é, por unha banda, a de coller o relevo da loita secular encabezada polas mulleres dentro do seo do anarquismo contra o machismo dos movementos revolucionarios, e pola outra, exhibir unha realidade incómoda da que somos cada vez máis conscientes as militantes libertarias galegas: a masculinización dos espazos, das palabras, das dinámicas aínda a día de hoxe.

Dende a comisión anarcofeminista do SELG quixemos activarnos para dar conta destas problemáticas e  facer visible unha situación velada, articular en voz alta un segredo a voces. E é que, dentro do anarquismo galego, aínda queda moito camiño que percorrer en materia de xénero. Nas experiencias que tiveron lugar xa dende o primeiro curso 2024, Anarquismo e Organización, decatámonos de que, a meirande parte de veces, estas estaban copadas por homes. Quixemos deitar luz sobre isto e buscar motivos e solucións a esta masculinización do noso tecido militante. Pero tamén desexamos facer autocrítica sobre que loitas estabamos a esquecer como feministas, e como abrir, decolonizar e desxerarquizar o ideario deste movemento no que nos encadramos e que demos en chamar anarcofeminismo.

Se ben é certo que non existe un acordo terminolóxico entre militancias libertarias afíns (feminismo socialista libertario, feminismo anarquista, anarquismo feminista, anarcofeminismo?) en tanto que estamos a construír definicións dependendo dun punto de vista histórico ou teórico, o certo é que a perspectiva historiográfica é fundamental para autodeterminarnos e situármonos. O anarcofeminismo xorde no século XIX da man de figuras como Louise Michel, Lucy Parsons, Volterine de Cleyre ou Emma Goldman dentro dun contexto onde comezaban a abrollar azos de autonomía e demandas de igualdade por parte das mulleres. Fronte ás sufraxistas ou feministas burguesas que detentaban o poder mediante a participación do sistema electoral, ou as feministas socialistas autoritarias, cuxa soberanía ficaría sometida ao Estado, as anarcofeministas querían abolir o Capital, o Estado e o Patriarcado porque consideraban que todo formaba do mesmo problema: unha tríade fatal. Estas mulleres alumaron o camiño das seguintes xeracións, como o das Mulleres Libres dos anos 30 ou os grupos autónomos feministas dos anos 70.

O feito de organizar un curso dedicado especificamente ao Anarcofeminismo como algo necesario para desnaturalizar o que non debería ser anecdótico, xorde dunha necesidade de recoñecer e honrar a xenealoxía das nosas feministas anarquistas. Dende o mundo libertario coñecemos a importancia do arquivo como matriz sobre a cal desenvolver as nosas loitas, mais tamén como eido que subverter. Coñecer as nosas referentes, as que deixaron semente de vencer, sérvenos hoxe en día como feministas e anarquistas para continuar a súa loita, mais tamén para abrir novas conversacións e revisitar outras. É tirando do fío do anarcofeminismo que, coidamos, podemos seguir tecendo unha rede forte, estable e flexible. Como os quipuandinos, dentro dos nós e os puntos de converxencia desta urda é onde atopamos a nosa afouteza: estes nodos e puntos de información atan a nosa organización e prevennos de esfiañarnos.

O proceso que vivimos este 2025 durante as sesións do SELG non foi camiño de rosas. Ou quizais si, pois foi tan belo como espiñento. Pensármonos en clave de xénero, en clave de identidade, de construción social adquirida ou de socialización diferencial dende peques, é un traxecto angosto no que é importante non atoarse, pero si deterse e reflexionar, cara dentro e cara fóra. Este non é un traballo doado, nin cómodo. É un camiño de tensións, de aprendizaxes, de preguntas sen respostas pechadas. É tamén un exercicio de honestidade, de coidado radical e de aposta pola transformación dos espazos que habitamos. Foi un ano intenso, ás veces duro, no que nos tocou cuestionar non só como organizamos os espazos libertarios, senón tamén quen somos dentro deles, que roles asumimos, que privilexios habitamos ou sufrimos, e que estruturas reproduciamos sen querer ou sen querelo ver. A pesar de —ou, precisamente, grazas a—  todo isto, sentímonos quen de atopar algunhas respostas. E, sobre todo, de deixar moitas outras preguntas abertas sobre a mesa, para seguir construíndo
colectivamente.

Todo o que aquí escribimos, sexa de quen for a autoría, ten un carácter completamente mutable, pois todo coñecemento está en construción. Mesmo es autoris, como persoas humanas, están inmerses nese proceso de crecemento que permite contradicirnos unha e outra vez ao longo do carreiro e atopar novas perspectivas e opinións, non sempre coherentes coas que traiamos na mochila. Polo tanto, como lectore, non tomes nada disto como algo finalizado, nin como dogma, axiomas ou verdades. Recollemos aquí conclusións, reflexións e dúbidas que fomos amasando nos debates, nas conversas e no día a día de distintos procesos de construción de coñecemento que tivemos a sorte de ora convidar e escoitar, ora vivir e protagonizar.

Ao longo das páxinas que seguen, transitarás polas voces que fixeron posible este SELG 2025. Unha selección das palestras, mesas redondas e obradoiros que tiveron lugar neste curso que xirou arredor dos anarcofeminismo pero que, en realidade, non deixou de ser unha continuación do curso 2024, Anarquismo e Organización, pois, simplemente, ningunha das dúas ten cabida sen as mulleres, as disidencias e a equidade. Aquí atoparás relatos de loitas pasadas e presentes, voces que reivindican ás loitadoras libertarias da Galiza e tamén ás que seguen tecendo hoxe resistencias nos espazos que habitamos. Reflexións teóricas e relatos de experiencia. Críticas ao feminismo que esquece a loita de clases, críticas ao anarquismo que esquece o feminismo. Debates necesarios sobre masculinidades, sobre poder, sobre comunidade, sobre memoria e sobre futuro. Relatos dunha historia que nos é propia e na que vemos reflectidas as mesmas demandas e loitas das que hoxe somos parte.

Atoparás saberes marxinais, silenciados polo eurocentrismo, o patriarcado e polas lóxicas hexemónicas. Propostas que rescatan prácticas antigas para revisitalas, resignificalas e poñelas ao servizo das necesidades presentes. Outras, novas, que se nutren desa memoria pero tamén do diálogo co mundo que habitamos. Todas, coa vida no centro. A vida non como trazo individual e separado, senón como realidade profundamente colectiva, interdependente, material e política.

Este libro é, sobre todo, unha ferramenta. Non é un punto final, senón un punto de partida. Un convite a cuestionar, a transformar, a construír. A tarefa é común. Que ninguén fique atrás. Que ninguén poida mirar cara outro lado. Que ninguén cargue coa soidade no seu corpo nin na súa loita. Non propoñemos ningunha verdade, pero si algunhas respostas e, sobre todo, moitas preguntas que queremos seguir explorando xuntes. Que este libro sexa, tamén, un paso máis cara a un anarquismo galego forte, organizado, comunitario e popular. Un anarquismo que sosteña a dignidade, a rabia, a alegría e os coidados como práctica revolucionaria.

Primeira sessom da SELG: O socialismo libertario na Galiza

Difundimos a convocatória da primeira sessom do Seminário de Estudos Libertários Galegos, SELG:

🗓 Despexade as vosas axendas para o sábado 24F, que arrincamos co SELG. Nesta primeira sesión centrarémonos no Socialismo Libertario na Galiza:

🚩 Dolors Marín nos introducirá nos principios, obxectivos e estratexias do anarquismo histórico

🏴 Despois dun xantar comunitario, Eliseo Fernández fará un percorrido polos modos organizativos do anarquismo galego

⭕️ A media tarde teremos unha mesa redonda con militantes anarquistas para analizarmos o país dende unha perspectiva libertaria

🎻 E como non todo vai ser traballar, pecharemos a xornada cun concerto de Bombus Bombus

Seminario de Estudos Libertários Galegos

Difundimos a iniciativa e convocatórias da SELG, animade-vos a participar!:

⚡️ Hoxe queremos presentarvos o Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG)

🖤 Un proxecto de autoformación colectiva co que queremos achegar á Galiza algúns dos debates estratéxicos do anarquismo internacional

📚 Unhas xornadas que cada ano estarán adicadas a un tema de análise, que despregaremos ao longo de todo o curso

🗓 A primeira edición do SELG terá como tema central “Anarquismo e Organización”, e celebraráse en catro sesións ao longo de todo o curso, comezando o sábado 24 de febreiro

Seminario de Estudos Libertarios Galegos

O Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG) é unha iniciativa do colectivo Refuxios da Memoria, que nace coa intención de xerar na Galiza un espazo de reflexión, debate e aprendizaxe colectiva arredor das ideas, historia e estratexias do Socialismo Libertario.

Para que un Seminario?

As ideas socialistas libertarias tiveron na Galiza un fértil campo de expansión dende que no último terzo do século XIX chegaran ao país algúns delegados da vertente bakuninista da I Internacional. A corrente antiautoritaria do socialismo internacionalista prendeu ben nun pobo que á altura atopábase nun proceso de proletarización, e nun país onde os principios da autoxestión, o apoio mutuo e o colectivismo tiñan unha fonda raizame.

Dende entón, e por sete décadas, o anarquismo organizado disputouse co marxismo a hexemonía dun movemento obreiro galego en continua expansión. Un tirapuxa que só se decantou do lado do socialismo autoritario a partir dos anos 50 do século XX. A puxanza das anarquistas galegas tivo causa e efecto no desenvolvemento dunha vizosa rede de organizacións e institucións autónomas nos eidos sindical e social, económico e cultural, que xerou unha verdadeira esfera pública libertaria, e socializou a enormes capas da poboación nos principios e nas prácticas anarquistas. Un proceso de acumulación de poder popular que tan só puido ser revertido por medio do xenocidio emprendido polo exército español en xuño de 1936.

Pese á ruptura do fío desta tradición, hoxe en día son moitas as persoas, e algunhas as organizacións, que no país identifícanse coa tradición e os principios do socialismo libertario. Porén, faltan os espazos de encontro e reflexión colectiva acerca desta tradición, dos seus principios e estratexias, das súas ferramentas de loita e da súa vixencia e aplicabilidade ao momento presente. Co SELG queremos convidar ás anarquistas do país, e ás galegas que teñan curiosidade polas ideas libertarias, a atoparnos e debater sobre esta tradición, coa vista posta no presente e o futuro do país.

Como se vai desenvolver?

Cada ano elixiremos un tema de reflexión que despregaremos ao longo de todo o curso, celebrando sesións bimestrais do SELG. Cada unha destas sesión estará enfocada a un eixo de debate diferente, sobre o que traballaremos ao longo dunha xornada na que nos acompañarán militantes, investigadoras e representantes de organizacións libertarias galegas e ibéricas que nos achegarán as súas ideas e experiencias sobre a cuestión.

Os contidos de todas estas palestras e mesas redondas serán recollidos en relatorios, que compartiremos en aberto a través na nosa páxina web. Estes relatorios, xunto con algunhas lecturas propostas polas poñentes das palestras e polo grupo de coordinación da SELG, servirán como base para desenvolver debates locais, a través dos Grupos de Autoformación Libertaria (GAL) que xurdan ao longo do país.

Cando e onde?

O tema de reflexión para esta primeira edición do SELG (2024) será
“Anarquismo e organización”
, dividíndose en catro sesións:

Sábado 24 de febreiro*:
O Socialismo Libertario na Galiza
.

Sábado 6 de abril*:
Organizando a resistencia I: Anarcosindicalismo.

Sábado 18 de maio*:
Organizando a resistencia II: modelos e experiencias organizativas
do Sindicalismo Social Libertario na Península Ibérica.

Sábado 20 de xullo*:
Sementes de emancipación I:
Movemento libertario, autogoberno e territorio.

Todas as sesións do SELG celebraranse en A Revolteira, na Rúa Falperra, 13, na cidade
da Coruña.

A primeira edición da SELG rematará na Feira do Libro Anarquista da Coruña (FLAC), que se celebrará na fin de semana do 14 e 15 de setembro, coa presentación dunha publicación coas conclusións acadadas ao longo desta primeira edición e co anuncio do tema de reflexión da SELG 2024/25.

Como participar?

Calquera persoa interesada nas xornadas do Seminario pode acudir sen necesidade de inscrición previa. Así e todo, agradecemos nolo comuniquen previamente escribindo ao enderezo flac@refuxiosdamemoria.org 

En paralelo ao inicio do SELG poremos en marcha o Grupo de Autoformación Libertaria da Coruña (GALAC). Este celebrará sesións dous xoves ao mes, coa intención de desenvolver unha reflexión propia e aterrada no eido local e nacional, e sacar conclusións deste debate de ideas. O Grupo estará aberto a tódalas persoas que teñan interese na historia, o presente e o futuro do movemento libertario galego.

Os contidos das diferentes palestras poderán consultarse na nosa web, www.selg.gal , de modo que en calquera vila do país onde haxa un grupo de persoas que compartan o interese polas ideas libertarias, se poida crear un Grupo de Autoformación local.

Feira do livro anarquista da Corunha 2023

Estaremos o sábado na feira do livro anarquista da Corunha:

Axenda de presentacións e palestras          

Venres 8 de setembro       

20’00: Roteiro Orzán,
zona cero do libro anarquista

Refuxios da Memoria 

Boquete de Santo André*

Sábado 9 de setembro       

12’00: O colapso em verde,
entrevista a Carlos Taibo
por María Castelo

Circo de Artesáns*

13’00 Lucy Parsons (1851-1942):
Antología de una
anarquista olvidada
 

Marta Romero-Delgado
Ed. Imperdible

Al Wahab*

13’30: Versos Violentos 

Iria Bragado
Ed. Saurobuks

Siglo*

16’30: Nem obedecer, nem comandar –
um léxico libertário,
de Francesco Codello 

Mário Rui
Ed. Barricada de Livros

Siglo*

17’00: De B. Traven a Ret Marut
lo que hay es una vida.
 

Gregorio Iglesias

Grupo Higinio Carrocera

Ama*

17’30: Ayuno Digital 

Sergi Onorato Esteve
Ed. Descontrol

Siglo*

18’00: Véspera de Nada: Asociación por
unha Galiza sen petróleo.
 

Begoña de Bernardo

Circo de Artesáns*

18’30: De ludditas a neorrurales.
Anarquismo, ecología
y la crítica del progreso
 

Salvador Cobo
Ed. El Salmón Contracorriente

Siglo*

19’00: Presentación da revista 15-15-15 +
recital do poemario (decrecentista)

Fuxidío Mañá, de Rodrigo Osorio 

Circo de Artesáns*

19’30: El movimiento libertario español
visto por la policía franquista 

Francisco Xavier Redondo Abal

Fundación Anselmo Lorenzo

A Cova Céltica*

20’00: Mobilización cidadá:
do asociacionismo local
ao traballo cooperativo 

Aranza González
Aldeas Libres de Macroeólicos

Circo de Artesáns*

20’30: Psiquiatría, corrupción e
loita de clases: a folga do
manicomio de Conxo en 1933 

Eliseo Fernández
Ed. Piedra Papel Libros

Meliora*

21’00: Hopepunk: unha visión
esperanzadora do mundo.

Nieves Delgado e Manuel Moledo

Bar 13*

Domingo 10 de setembro       

12’00: Anarquía natural. Teoría
y práctica del naturismo 

libertario en el Estado español 

Juako Escaso
Ed. La Neurosis o Las Barricadas

Circo de Artesáns*

13’00: Presentación do Clube de
Excursionismo Libertario Velaí Vai

Refuxios da Memoria

Circo de Artesáns*


  • Direccións:

Circo de Artesáns: R/Santo André, 36
Siglo: R/Argudín Bolívar, 1
Al Wahab: R/Pórtico de Santo André, 11
Ama: Boquete de Santo André, 14
A Cova Céltica: R/Orzán, 82
Meliora: Pza. de Juan Naya, 5
Bar 13: R/Orzán, 115