Autor: ardora

Anarquismo e organización: apuntes para o territorio galego

Publicaçom feita a tralo primeiro ciclo de seminários do SELG adicados à temática “Anarquismo e organización”. Nela recompilam-se os textos aportados polas distintas vozes que participarom e algumhas colaboraçons externas.

PVP: 12€

Índice:

 

Editorial

Orixes e definición do Anarquismo

  • Anarquismo, unha definición. Dani Palleiro (SELG)

O anarquismo na Galiza

  • Anarquismo e organización no movemento obreiro galego. Eliseo Fernández
  • As mulleres no movemento obreiro da Coruña. Ana Romero Masiá e Eva Loureiro
  • Unha ollada ó pasado recente de coordinación libertaria en Galiza.  Brais Cebrián Gorozarri
  • Suprema lei d’Estetica.  Helena Salgueiro (SELG)

Qué facer? Anarquismo e estratexia

  • Propostas para o avance do anarcosindicalismo actual Jose Luis Carretero (Solidariedade Obreira)
  • Repensar a relación entre o traballo e a emerxencia climática alén dos “traballos verdes”. Luis Gonzalez Reyes
  • Dinámica de debate ‘Organizando a Resistencia II: Sindicalismo Social e Libertario’ . Inés Merayo Fernández(SELG)
  • Anarcosindicalismo e movementos sociais. Miguel G. Gómez (Embat)
  • Poder popular e anarquismo especifista. Ideas para crear a revolución próxima. Miguel Brea (Liza)
  • Anarquismo de barrio. Unha tese superadora. Ruymán Rodríguez

Editorial do livro:

As ideas socialistas libertarias tiveron na Galiza un fértil campo de expansión dende que no último terzo do século XIX chegaran ao país algúns delegados da vertente bakuninista da I Internacional. A corrente antiautoritaria do socialismo internacionalista prendeu ben nun pobo que á altura atopábase nun proceso de proletarización, e nun país onde os principios da autoxestión, o apoio mutuo e o colectivismo tiñan unha fonda raigame.

Dende entón, e por sete décadas, o anarquismo organizado disputouse co marxismo a hexemonía dun movemento obreiro galego en continua expansión. Un tirapuxa que só se decantou do lado do socialismo autoritario a partir dos anos 50 do século XX. A puxanza das anarquistas galegas tivo causa e efecto no desenvolvemento dunha vizosa rede de organizacións e institucións autónomas nos eidos sindical e social, económico e cultural, que xerou unha verdadeira esfera pública libertaria e socializou a enormes capas da poboación nos principios e nas prácticas anarquistas. Un proceso de acumulación de poder popular que tan só puido ser revertido por medio do xenocidio emprendido polo exército español en xuño de 1936.

Pese á rutura deste fío histórico, hoxe son moitas as persoas, e algunhas as organizacións, que no país se identifícan coa tradición e os principios do socialismo libertario. Porén, faltan os espazos de encontro e reflexión colectiva acerca desta tradición, dos seus obxectivos e estratexias, das súas ferramentas de loita e da súa vixencia e aplicabilidade ao momento presente.

É diante desta carencia que o colectivo Refuxios da Memoria e as editoriais Ardora e Bastiana lanzamos a comezos deste ano a iniciativa do Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG), un proxecto de autoformación colectiva co que analizar as ideas e os principios anarquistas, as historias de loita e as estratexias pasadas e presentes dun movemento libertario en continua trans-formación. E quixémolo facer co foco posto na Galiza.

O tema que vertebrou esta primeira edición do SELG (2024) foi “Anarquismo e organización”, o cal desenvolvimos ao longo de catro sesións. A primeira delas, celebrada o 24 de febreiro, tratou de establecer os conceptos básicos do Socialismo Libertario, así como a evolución destas ideas no país. Contamos para iso coa participación das historiadoras Dolors Marín e Eliseo Fernández. Completamos a sesión cunha mesa redonda na que as militantes anarquistas Eva Loureiro, Carla Abelha, Airis McKirdy e Paco Ascón analizaron a Galiza actual dende unha perspectiva libertaria.

O 6 de abril tivo lugar a segunda sesión, centrada no anarcosindicalismo. Par-timos para isto da historia das mulleres no movemento obreiro coruñés, para que contamos coas historiadoras Ana Romero e Eva Loureiro. Abordamos tamén a cuestión do ecosindicalismo con Begoña de Bernardo e Luis G. Reyes, e fixemos unha análise do estado actual do anarcosindicalismo na Península Ibé-rica da man de Jose Luís Carretero. Para pechar esta segunda sesión, e enlazar coa seguinte, o secretario xeral da CNT catalá, Miguel G. Gómez, analizou as relacións de colaboración entre o anarcosindicalismo e os movementos sociais en termos históricos e contemporáneo

A terceira sesión centrouse nos modelos e experiencias organizativas do sin-

dicalismo social libertario na Península Ibérica. Partindo da hipótese de que os movementos sociais carentes dunha cohesión teórica e un horizonte revolucio-nario rematan por esgotarse na impotencia, ou abocándose a vías asistencia-listas ou reformistas, cando non autoritarias, plantexamos un debate sobre o activismo social e os seus límites. Neste debate, que patiu da experiencia prácti-ca de mulleres dos movementos sociais galegos, participaron as activistas polo dereito á vivenda, María Díaz, dos Grupos de Apoio Mutuo, Antía Roig, e das plataformas en defensa da terra, Coral. Contamos tamén con Itziar e Paula, do movemento pola vivenda de Barcelona, que nos falaron da autoorganización veciñal nos sindicatos de barrio. Analizamos tamén, xunto ás compañeiras de Liza, o dualismo organizativo e a estratexia do poder popular como modelo para a acción social anarquista. Pechamos a sesión cunha dinámica na que tra-tamos de dar resposta colectiva á pregunta ¿Qué facer dende o ámbito libertario galego?

A derradeira sesión desta primeira edición do SELG celebrámola o 20 de xullo baixo o título “Sementes de emancipación: Galiza, territorio, movimentos” e contamos con Antom Santos que fixo un repaso das prácticas comunitarias na Galiza de onte e de hoxe. Logo pola tarde rematamos conversando sobre que o presente e futuro do anarquismo galego na dinámica: coñecermos o territorio, pensar a Galiza libertaria.

Tódas as sesións desta primeira edición do SELG foron celebradas no CS A Revolteira, no barrio da Falperra, na Coruña. Pero o noso é un proxecto de país e unha proposta de autoformación descentralizada. É por iso que fixemos un chamado a tódalas anarquistas do país e persoas con interese nas ideas liberta-rias para atoparnos e pensarmos xuntas cómo agromar un movemento liberta-rio forte, aberto e plural, pero tamén con capacidade de artellar unha resposta colectiva ao sistema capitalista. Así dende o comezo deste proceso convidamos a tódalas militantes anarquistas do país a crear Grupos de Autoformación Li-bertaria (GAL) nas súas vilas. O obxectivo destes grupos é desenvolver liñas de debate e reflexións propias e aterradas no eido local a partir dos materiais producidos nas distintas sesións do SELG. Para facilitar o xurdimento destes grupos ao longo do país, os contidos de todas as palestras e mesas redondas foron recollidos en relatorios que, xunto con algunhas lecturas propostas polas poñentes das palestras e polo grupo de coordinación do SELG, foron pendura-das no sitio web www.selg.gal. Alí figuran tamén algúns recursos metodolóxi-cos para facilitar a posta en marcha de novos grupos de autoformación, que se sumen aos xa activos en Compostela, Ourense, A Coruña, Pontevedra e Terra de Montes.

Neste primeiro número da publicación do SELG, que presentamos na III Feira do Libro Anarquista da Coruña, recollemos algúns artigos elaborados a partir das poñencias desta primeira edición da SELG, acompañadas doutros artigos de reflexións e debate emanados dos grupos de autoformación libertaria e outras colaboracións.

Desmesura

Desmesura é umha história em banda desenhada que fala do mal-estar , das redes de apoio, da expressom da loucura. Figemos esta ediçom em galego no marco dumha aposta por gerar debate e repensarmos desde o prisma da saúde mental, como coletivo, como comunidade; afastando-nos do individualismo para promover o encontro. Porque é aqui, no “nós” onde realmente podemos reconhercer(mo-nos) e construir novas formas de abordar mal-estares.


No meio de umha sociedade definida polo isolamento e a atomizaçom, onde à vez que se vende a excelência do individualismo selvagem a diferença é condenada, poder permanecer no lado bom da linha depende de nom estar sozinho.


E nom estar só depende em grande medida de ter ou nom dado prioridade ao colectivo na tua vida, de pensar que a vida que vale a pena viver é sempre a vida que vale a pena viver com os outros.
Figem muitas cousas estúpidas e estivem moi perto de polo menos meia dúzia de abismos, mas preocupo-me dos outros, nom os quero perder, dumha forma vaga sempre soubem que a saúde também depende deles, e isso salvou-me o cu.

 

(Extracto da Banda Deseñada, ilustracións de Mario Pellejer)


Desde este recuncho, queremos mandar o nosso mais sincero reconhecimento ao trabalho de Fernando Balius e Mario Pellejer, por esta peça de arte criada da experiência encarnada, cheia de matizes e reflexons.

Nas palavras de Nando:

Esta banda desenhada vai da loucura.
E para isso falei da minha própria loucura, das vozes e os ruidos que ouço na minha cabeça.
Das cousas que me passarom e de como vejo o mundo.
Tenteino-no. A honestidade é um caminho fodido.
A maior parte das séries, filmes e novelas que tratam o tema o fam desde o estereotipo e sempre me resultarom alheias ou grotescas.
Eu queria falar e nom deixar de fazê-lo até liberar a vida do lugar no que se atopa aprisionada. Nom foi doado.
Os pincéis de Mario atoparom-se com as minhas palavras durante vários anos e agora o relato por fim está impresso.
Feliz digestom


PVP: 18€

Este livro pode ser adquirido nas nosas distris itinerantes ou agendando a entrega através de ardora@bastardi.net

Agenda 2025

Já temos à venda a AGENDA 2025 adicada ao povo palestino.

Com ilustraçons de Ángela Efe e umha compilaçom de  vários poemas que nos fam estremecer ao escuitar o berro dum povo que resiste, que ama, que vive, que luita, que chora, que sente cada bomba que cai na sua casa, cada disparo, cada pequeno acto do quotidiano que pouco a pouco vai minando a sua pele, a nossa pele.

O dinheiro arrecadado coa venda das agendas será destinado a  9 companheir*s detid*s em Compostela por solidarizar-se com a luita do povo palestiniano.

** Feitas artesanalmente. Impressas e editadas por Ardora, (s)ediçons anarquistas.

Preço: 15€

Para conseguir algúm exemplar, por encargo a través de ardora@bastardi.net

 

III Feira do livro anarquista da Corunha

Os próximos 13, 14 e 15 de setembro terá lugar a III Feira do Livro Anarquista da Corunha, organizada polos colectivos Refuxios da Memoria, a editora libertaria da Coruña Bastiana, Ardora (s)ediçons anarquistas e o Seminario de Estudos Libertarios Galegos(SELG). Celebrara-se no bairro do Orzán.

O encontro contará cun mercado de livros na rua Boquete de Santo André desde as 11.00 até as 21.00 horas. Mais de trinta editoriais e coletivos achegaram as suas novidades e reflexions a través de presentacións, mesas redondas, palestras e obradoiros.

Programación FLAC

Sexta feira, 13 de setembro

18:00. Presentaçom das exposiçons da FLAC 2024. Sol Mariño e Mireia Torralba (Ateneu Llibertari de Gràcia) (Macondo)

20’00. Roteiro: A Coruña anticlerical e librepensadora. Saida desde o cemiterio de santo Amaro

Sábado, 14 de setembro

11’30. Diego Ameixeiras: Un anarquista (Circo de Artesáns)

13’00. Homenaxe a Carlos Peregrín Otero (1930-2024)

13’10. Victor Oia e Eliseo Fernández: Pulso de Galicia (Bastiana) (Circo de Artesáns)

14’00. Homenaxe a Arturo García Lagares, no seu stolpersteine, diante do Circo de Artesáns (Carmen Rodeja, ARMH e Gemma Guitián, bisneta)

16’00. Xentes de Baladre: 40 años no son nada: Baladre desde 1982 sembrando comunidad (Siglo)

16’30. Fernando Pérez e Dani Palleiro: Colección Vermello, Clásicos do Socialismo Libertario (Bastiana) (Siglo)

17’00. La Colmena: Pasar a la ilustracción (Edicions Malcriàs) (Tio Ovidio)

18’00. Sergio Izquierdo e Alex: Y llegó la tormenta (Reino de Cordelia) (Circo de Artesáns)

19’00. Manel Cráneo, Manolo L. Poy e Xavier Alcalá: Carne para cans, a revolución do galego Soto (Demo Editorial) (Circo de Artesáns)

20’00. Regeneración e Teima: Proxecto xornalístico e editorial do anarquismo especifista (Cova Céltica)

20’30: Revista do Seminario de Estudos Libertarios Galegos (Cova Céltica)

21’30: Festa (Discoteca do Circo de Artesáns)

Domingo, 15 de setembro

12’00. Lurdes Martínez: Recorriendo la ciudad amnésica. Sobre el carácter revolucionario, o no, del vagabundeo en la ciudad postindustrial (La Torre Magnética) (Circo de Artesáns)

12’30. Lívio: Poder Popular e Organización Anarquista no século XXI (obradoiro a cargo da Organizaçao Socialista Libertária de Brasil) (Circo de Artesáns)

13’30: Mário Rui: Louise Michel, De luto em luta (Barricada de Livros) (Circo de Artesáns)

16’00. SUTSO de Pontevedra (CGT): Semanario anarcosindicalista de información e debate La Campana (1980-2024) (Circo de Artesáns)

17’00. Aarón L. Rivas: Novas da Galiza: duas décadas de informaçom crítica e ativismo (Circo de Artesáns)

18:00. Iria Presa: Plumazos de Ricardo Mella (Bastiana) (Circo de Artesáns)

19:00. Rubén Constenla (CNT-AIT): As multinacionais deseñando a FP. Naturgy e o módulo de Sustentabilidade (Circo de Artesáns)

20:00. Denise Stolnik: Eu Livro [Performance] (Circo de Artesáns)

 

Ludoteca

Horario da Ludoteca: Sábado e Domingo de 12 a 14 e de 16 a 20

Actividades programadas:

Sábado 14: 

  • 12’30. Contacontos A Nena Lectora

  • 17’00. Obradoiro de marcapáxinas rebeldes

Domingo 15: 

  • 12’30. Cantacontos, con Laura Rey, Silvia Penide e Natalia Navaza [con linguaxe de signos]

 

Exposicións

Nuas, nosso estranho amor

Sol Mariño

Café de Macondo (R/ Santo André, 106)

13 de setembro a 2 de outubro

 

Galería de personajes sin lustre y otros entuertos

Paco Garabato

Café Tio Ovidio (R/Orzán, 89)

13 a 30 de setembro

 

Ravachol

Álex Rozados

Bar 13 (R/Orzán 115)

13 a 30 de setembro

Sesión 3: Organizando a Resistencia II: Sindicalismo social libertario

 

Presentámosvos o cartaz completo da III Sesión do SELG

🤝 Arrincamos ás 12’00 cunha mesa redonda sobre os límites do movimentismo. Nela, varias activistas veciñais e de movementos en defensa da terra achegarannos os seus relatos (e as súas frustracións) nas loitas sociais dos últimos anos

🥗 14’30 xantar vegano. Desta volta, ímosvos pedir unha achega de 5 euriños para axudarnos a financiar as actividades. Por suposto, a achega non é un requisito para as que non poidamos facela

🏡 16’00 imos cunha palestra sobre sindicalismo de barrio, impartida por compañeiras anarquistas do movemento pola vivenda de Barcelona

👥 17’30 as compañeiras de Liza (Plataforma Anarquista de Madrid) falarannos da estratexia do poder popular e do especifismo como modelo de intervención social dende o anarquismo

⚙ 19’00 xeraremos unha dinámica de traballo entre todas as asistentes na que trataremos de aterrar no contexto galego os distintos modelos de acción social libertaria

🥳 Pecharemos ás 21’00 co concerto de Improvisóns