Etiqueta: anarquismo

Primeira sessom da SELG: O socialismo libertario na Galiza

Difundimos a convocatória da primeira sessom do Seminário de Estudos Libertários Galegos, SELG:

🗓 Despexade as vosas axendas para o sábado 24F, que arrincamos co SELG. Nesta primeira sesión centrarémonos no Socialismo Libertario na Galiza:

🚩 Dolors Marín nos introducirá nos principios, obxectivos e estratexias do anarquismo histórico

🏴 Despois dun xantar comunitario, Eliseo Fernández fará un percorrido polos modos organizativos do anarquismo galego

⭕️ A media tarde teremos unha mesa redonda con militantes anarquistas para analizarmos o país dende unha perspectiva libertaria

🎻 E como non todo vai ser traballar, pecharemos a xornada cun concerto de Bombus Bombus

Seminario de Estudos Libertários Galegos

Difundimos a iniciativa e convocatórias da SELG, animade-vos a participar!:

⚡️ Hoxe queremos presentarvos o Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG)

🖤 Un proxecto de autoformación colectiva co que queremos achegar á Galiza algúns dos debates estratéxicos do anarquismo internacional

📚 Unhas xornadas que cada ano estarán adicadas a un tema de análise, que despregaremos ao longo de todo o curso

🗓 A primeira edición do SELG terá como tema central “Anarquismo e Organización”, e celebraráse en catro sesións ao longo de todo o curso, comezando o sábado 24 de febreiro

Seminario de Estudos Libertarios Galegos

O Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG) é unha iniciativa do colectivo Refuxios da Memoria, que nace coa intención de xerar na Galiza un espazo de reflexión, debate e aprendizaxe colectiva arredor das ideas, historia e estratexias do Socialismo Libertario.

Para que un Seminario?

As ideas socialistas libertarias tiveron na Galiza un fértil campo de expansión dende que no último terzo do século XIX chegaran ao país algúns delegados da vertente bakuninista da I Internacional. A corrente antiautoritaria do socialismo internacionalista prendeu ben nun pobo que á altura atopábase nun proceso de proletarización, e nun país onde os principios da autoxestión, o apoio mutuo e o colectivismo tiñan unha fonda raizame.

Dende entón, e por sete décadas, o anarquismo organizado disputouse co marxismo a hexemonía dun movemento obreiro galego en continua expansión. Un tirapuxa que só se decantou do lado do socialismo autoritario a partir dos anos 50 do século XX. A puxanza das anarquistas galegas tivo causa e efecto no desenvolvemento dunha vizosa rede de organizacións e institucións autónomas nos eidos sindical e social, económico e cultural, que xerou unha verdadeira esfera pública libertaria, e socializou a enormes capas da poboación nos principios e nas prácticas anarquistas. Un proceso de acumulación de poder popular que tan só puido ser revertido por medio do xenocidio emprendido polo exército español en xuño de 1936.

Pese á ruptura do fío desta tradición, hoxe en día son moitas as persoas, e algunhas as organizacións, que no país identifícanse coa tradición e os principios do socialismo libertario. Porén, faltan os espazos de encontro e reflexión colectiva acerca desta tradición, dos seus principios e estratexias, das súas ferramentas de loita e da súa vixencia e aplicabilidade ao momento presente. Co SELG queremos convidar ás anarquistas do país, e ás galegas que teñan curiosidade polas ideas libertarias, a atoparnos e debater sobre esta tradición, coa vista posta no presente e o futuro do país.

Como se vai desenvolver?

Cada ano elixiremos un tema de reflexión que despregaremos ao longo de todo o curso, celebrando sesións bimestrais do SELG. Cada unha destas sesión estará enfocada a un eixo de debate diferente, sobre o que traballaremos ao longo dunha xornada na que nos acompañarán militantes, investigadoras e representantes de organizacións libertarias galegas e ibéricas que nos achegarán as súas ideas e experiencias sobre a cuestión.

Os contidos de todas estas palestras e mesas redondas serán recollidos en relatorios, que compartiremos en aberto a través na nosa páxina web. Estes relatorios, xunto con algunhas lecturas propostas polas poñentes das palestras e polo grupo de coordinación da SELG, servirán como base para desenvolver debates locais, a través dos Grupos de Autoformación Libertaria (GAL) que xurdan ao longo do país.

Cando e onde?

O tema de reflexión para esta primeira edición do SELG (2024) será
“Anarquismo e organización”
, dividíndose en catro sesións:

Sábado 24 de febreiro*:
O Socialismo Libertario na Galiza
.

Sábado 6 de abril*:
Organizando a resistencia I: Anarcosindicalismo.

Sábado 18 de maio*:
Organizando a resistencia II: modelos e experiencias organizativas
do Sindicalismo Social Libertario na Península Ibérica.

Sábado 20 de xullo*:
Sementes de emancipación I:
Movemento libertario, autogoberno e territorio.

Todas as sesións do SELG celebraranse en A Revolteira, na Rúa Falperra, 13, na cidade
da Coruña.

A primeira edición da SELG rematará na Feira do Libro Anarquista da Coruña (FLAC), que se celebrará na fin de semana do 14 e 15 de setembro, coa presentación dunha publicación coas conclusións acadadas ao longo desta primeira edición e co anuncio do tema de reflexión da SELG 2024/25.

Como participar?

Calquera persoa interesada nas xornadas do Seminario pode acudir sen necesidade de inscrición previa. Así e todo, agradecemos nolo comuniquen previamente escribindo ao enderezo flac@refuxiosdamemoria.org 

En paralelo ao inicio do SELG poremos en marcha o Grupo de Autoformación Libertaria da Coruña (GALAC). Este celebrará sesións dous xoves ao mes, coa intención de desenvolver unha reflexión propia e aterrada no eido local e nacional, e sacar conclusións deste debate de ideas. O Grupo estará aberto a tódalas persoas que teñan interese na historia, o presente e o futuro do movemento libertario galego.

Os contidos das diferentes palestras poderán consultarse na nosa web, www.selg.gal , de modo que en calquera vila do país onde haxa un grupo de persoas que compartan o interese polas ideas libertarias, se poida crear un Grupo de Autoformación local.

Feira do livro anarquista da Corunha 2023

Estaremos o sábado na feira do livro anarquista da Corunha:

Axenda de presentacións e palestras          

Venres 8 de setembro       

20’00: Roteiro Orzán,
zona cero do libro anarquista

Refuxios da Memoria 

Boquete de Santo André*

Sábado 9 de setembro       

12’00: O colapso em verde,
entrevista a Carlos Taibo
por María Castelo

Circo de Artesáns*

13’00 Lucy Parsons (1851-1942):
Antología de una
anarquista olvidada
 

Marta Romero-Delgado
Ed. Imperdible

Al Wahab*

13’30: Versos Violentos 

Iria Bragado
Ed. Saurobuks

Siglo*

16’30: Nem obedecer, nem comandar –
um léxico libertário,
de Francesco Codello 

Mário Rui
Ed. Barricada de Livros

Siglo*

17’00: De B. Traven a Ret Marut
lo que hay es una vida.
 

Gregorio Iglesias

Grupo Higinio Carrocera

Ama*

17’30: Ayuno Digital 

Sergi Onorato Esteve
Ed. Descontrol

Siglo*

18’00: Véspera de Nada: Asociación por
unha Galiza sen petróleo.
 

Begoña de Bernardo

Circo de Artesáns*

18’30: De ludditas a neorrurales.
Anarquismo, ecología
y la crítica del progreso
 

Salvador Cobo
Ed. El Salmón Contracorriente

Siglo*

19’00: Presentación da revista 15-15-15 +
recital do poemario (decrecentista)

Fuxidío Mañá, de Rodrigo Osorio 

Circo de Artesáns*

19’30: El movimiento libertario español
visto por la policía franquista 

Francisco Xavier Redondo Abal

Fundación Anselmo Lorenzo

A Cova Céltica*

20’00: Mobilización cidadá:
do asociacionismo local
ao traballo cooperativo 

Aranza González
Aldeas Libres de Macroeólicos

Circo de Artesáns*

20’30: Psiquiatría, corrupción e
loita de clases: a folga do
manicomio de Conxo en 1933 

Eliseo Fernández
Ed. Piedra Papel Libros

Meliora*

21’00: Hopepunk: unha visión
esperanzadora do mundo.

Nieves Delgado e Manuel Moledo

Bar 13*

Domingo 10 de setembro       

12’00: Anarquía natural. Teoría
y práctica del naturismo 

libertario en el Estado español 

Juako Escaso
Ed. La Neurosis o Las Barricadas

Circo de Artesáns*

13’00: Presentación do Clube de
Excursionismo Libertario Velaí Vai

Refuxios da Memoria

Circo de Artesáns*


  • Direccións:

Circo de Artesáns: R/Santo André, 36
Siglo: R/Argudín Bolívar, 1
Al Wahab: R/Pórtico de Santo André, 11
Ama: Boquete de Santo André, 14
A Cova Céltica: R/Orzán, 82
Meliora: Pza. de Juan Naya, 5
Bar 13: R/Orzán, 115

Programa da Feira do livro anarquista da Corunha

Durante os dias 9, 10 e 11 de Setembro terá lugar a Feira do livro anarquista da Corunha.
Os dias 10 e 11, na rua boquete de San Andrés, havera umha feira com bancas de editoras e publicaçons. Em caso de chuvia a feira movera-se ao local do Círculo de artesáns na rua San Andrés, 36. Os horários para ver os postos som de 11h a 19h o sábado 10 e de 11h a 14h o domingo 11.

As palestras com presentaçons de publicaçons e livros seram em diferentes espaços, todos eles perto da feira:

· Rúa Boquete de SanAndrés: https://goo.gl/maps/EEXKqRuJCxtoyndN8

· Circulo de Artesáns: San Andrés, 36 https://goo.gl/maps/GGK54iSg6z6jQH1a8

· Ummagumma: Orzán, 68 https://goo.gl/maps/xpsvpfaTSxpL4TTQ7

·Siglo: Argudín Bolívar, 1 https://goo.gl/maps/JA1RaLvjKt9SMsnp8

·Cova Céltica: Orzán, 82 https://goo.gl/maps/CsFbrA2WSCUTzfiq8

· Bar Tracio: Orzán, 139 https://goo.gl/maps/EKQGifyxbJvD1hA67

A programaçom será a seguinte:

Venres, 9

20’00–Roteiro Orzán Libertario, saída desde Boquete de San Andrés

Sábado, 10

12’00 Trabajo, sindicalismo y conflictos sociales en A Coruña (1871-1911) polo autor Gerard Brey. Circulo de Artesáns

13’00 Presentaçom da revista Salamandra e do livro António José Forte, un cuchillo entre los dientes y otros textos del poeta anarco-surrealista portugués polo Grupo Surrealista de Madrid e Ediciones La Torre Magnética. Bar Ummagumma

14’00 Panarquia/Poliarquía. Un manifiesto presentado por Piluka. Bar Siglo

16’00 Fútbol contra o Estado, de Grabiel Kuhn pola editora Menino Morreu. Bar Siglo

16’30 La herbolaria de lxs presxs, de Nicole Rose, por Jorge Lagar. Bar Ummagumma

17’00 Lucha de clases en las tablas por Gerard Brey. Bar Siglo

17’30 Viver a Utopia e Interstícios Insurrectos pola editora Barricada de Livros. Bar ummagumma

18’30 La locura rev/belada por Miguel Salas. Bar Siglo

19’30 Presentaçom da publicaçom anarquista La Campana. Bar Ummagumma

20’00 Nuevo sindicalismo. Organización y estrategia sindical ante los nuevos escenarios laborales por M.A. Pérez. Bar Siglo

20’30 Presentaçom do fanzine Paginas Anarkillas. Bar Ummagumma

21’00 Presentaçom do periódico La Montaña. Cova Céltica

Domingo 11

14’00–Concerto de Lamprea Explosiva e Giuseppe, presentando “Anarquía de Montaña”, Bar Tracio

Áudio da apresentaçom do livro “Anarquistas de ultramar. Anarquismo indigenismo, descolonización”.

Áudio de Carlos Taibo apresentando o seu livro “Anarquistas de ultramar. Anarquismo indigenismo, descolonización” na Gentalha do Pichel.

Ideias como as de autogestom, democrácia direta e apoio mútuo forom defendidas tanto polo anarquismo que viu a luz na Europa do século XIX como por moitos povos indígenas que espontaneamente as levarom à prática desde tempo inmemorial. Este livro estuda a relaçom entre esses dous mundos, e o fai com a vontade de alentar, em paralelo, umha definitiva descolonizaçom do próprio pensamento anarquista. Serve como introduçom, também, à realidade, comummente esquecida, dos anarquismos que adquirirom carta de natureza na América, África, Ásia e Oceania.

 

Nordês nº22

Neste número os textos: Dez punhaladas à política. Small is beautifull?. Semana internacional de solidariedade com as anarquistas encarceradas. Amadeu Casellas condenado a quatro anos de prisom.

Animamos a difundir.

Descarga:

· Nordês nº22.

Nordês nº17

Nesta entrega os artigos: Umha viagem sem retorno a nossa completa liberdade e dignidade. O que acontece na lama?. De escravas a companheiras, o primeiro manifesto das libertárias galegas. Jornada de reflexom. Lendo ‘Anarquistas y libertárias, aquí y ahora’.

 

Animamos a fotocopiar e difundir

Descarga:

· Nordês nº17.